Campus

CAMPUS DE VERÁN EN IFEVI

•  20.000 m2 de instalacións, onde @s nen@s ao longo da semana rotarán nas distintas actividades que lles proporcionará un coñecemento básico dos diferentes deportes. A rotación inicialmente está formulada para que cada grupo de nen@s pase por unha actividade, como mínimo, dúas veces á semana.

  • Área deportiva, coordinada polas distintas Federacións e Clubes que participan no campamento: Judo, Ximnasia acrobática, Tenis, Baloncesto, Balonmano, Rugby en inglés.
  • Área cultural: Taller de periodismo coordinado por FARO DE VIGO, Orientación onde se lles ensinará ao manexo da brúxula e a orientarse pola posición do sol e Educación Vial, da man dos mellores técnicos que traballan coas distintas Administracións, impartirán charlas para despois poñer en práctica os coñecementos nos circuitos viales que ten o IFEVI.

• No caso en que a climatoloxía o permita, se aproveitarán os espazos e instalacións exteriores para o desenrolo dalgunhas actividades e xogos.

• Avala o nivel de actividades a coparticipación das Federacións Deportivas con técnicos cualificados.

• Compartir actividades con nenos doutros concellos.

• Seguro de accidentes e responsabilidad civil.

• O material para o desenrolo de cada actividade o pondrán as Entidades Coparticipantes.

DATAS

1ª Quenda: Dende o luns 1 ao Venres 5 de Xullo.

2ª Quenda: Dendo o luns 8 ao Venres 12 de Xullo.

3ª Quenda: Dende o lunso 15 ao 19 de Xullo.

EDADES

Este campamento de verán vai dirixido para nen@s nacidos entre o 1 de Xaneiro de 2001 e o 31 de Decembro de 2007.

HORARIOS

O Campus ofrece dous horarios de luns a Venres a elixir:

Media Xornada: De 10.00 a 14.00 horas.
Xornada Completa: De 10.00 a 17.00 horas – Neste horario está incluída a comida. Os nenos finalizarán as súas actividades de mañá ás 14.00 horas e retomarán as actividades ás 15.30 horas.

Déspois da comida terán anaco de descanso e recreo vixiado por monitores.
Para os pais ou titores que por razóns de traballo teñan que deixar aos nenos antes do horario de comezo da actividade, deberán marcalo na folla de inscrición para facer a súa reserva. As instalacións de IFEVI estarán abertas dende as 8.30 horas. Este servizo non ten custo engadido.

PREZOS POR QUENDAS

Media Xornada: 60,00 € por neno

Xornada Completa: 90,00 € por neno – este importe inclúe a comida servida polo catering do recinto.

Descontos por irmáns: 20% de desconto a partir do 2º irmán.